Desenrolado por coroa.es
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co concello de Boborás na execución dunha actuación de humanización de rúa no marco do chamado Plan hUrbe.
O Consello da Xunta deu luz verde onte ao convenio de colaboración co rexedor deste municipio e en virtude dos cal a Xunta investirá case 270.000 euros –o 70% do custo total das obras- mentres que o 30% restante correrá a cargo do concello.
A Delegada Territorial da Xunta, Marisol Diaz Mouteira, achegouse ata Boborás onde analizou coa tenente alcalde, Patricia Torres, os traballos que se executarán ao abeiro do convenio, co que se ratifica e concreta o compromiso do Goberno galego con este concello.
O proxecto ten por obxectivo a recuperación dunha parte do espazo do núcleo tradicional de Boborás, identificado como rúa Cristobal Colón. O convenio establece un orzamento por importe de máis de 383.000 euros, dos cales a Xunta achegará un 70%.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-destinan-385000-euros-ao-proxecto-de-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-destinan-385000-euros-ao-proxecto-de-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras
[3] whatsapp://send?text= Concello e Xunta destinan 385.000 euros ao proxecto de humanización da rúa principal de Boborás http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-destinan-385000-euros-ao-proxecto-de-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras
[4] http://www.copecarballino.es/print/49822