Desenrolado por coroa.es
Nin a choiva nin o frio impediron que o campo da fútbol da Uceira rexistrase un ambiente de gala nesta tarde de sábado, que concluíu coa alegría do ascenso á Liga Galega do equipo xuvenil do CD Arenteiro, que forma parte da estructura do fútbol base que xestiona o club mediante un convenio de colaboración co Concello do Carballiño.
O equipo adestrado polo tandem Padrón-Portela proclamouse campión a falta de dous partidos para rematar a liga ao derrotar ao Velle por 3-1 e consigue recuperar a categoria que perdera a tempada anterior
O equipo adestrado polo futbolístas do equipo de terceira división, o tandem Padrón-Portela, procámase asi brillante campión e consigue o ascenso directo á Liga Galega Xuvenil.
Neste encontro ante o Velle, que chegaba á Uceira como segundo clasificado a 3 puntos dos verdes, o Arenteiro gañou con goles de Manu (2) e o máiximo goleador do equipo e da categoria, Cristián.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xuvenil-proclamase-campion-da-1a-autonomica-e-ascende-liga-galega
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xuvenil-proclamase-campion-da-1a-autonomica-e-ascende-liga-galega
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro Xuvenil proclámase campión da 1ª autonómica e ascende á Liga Galega http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xuvenil-proclamase-campion-da-1a-autonomica-e-ascende-liga-galega
[4] http://www.copecarballino.es/print/49954