Desenrolado por coroa.es
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asinou co alcalde de Beariz, Manuel Prado, un convenio de colaboración para mellorar a seguridade viaria da rúa Benito Táboas, cun investimento de máis de 55.000 euros.
O obxectivo desta colaboración do departamento de Infraestruturas da Xunta coa Administración local é executar os traballos necesarios na mellora da accesibilidade e seguridade viaria desta rúa integrada no núcleo urbano do concello e que transcorre paralela á estrada autonómica OU-212, A Ermida – Beariz.
Esta rúa constitúe a única vía alternativa posible para desviar o tráfico que transita pola estrada de titularidade autonómica, algo que sucede cando é necesario realizar nela traballos de conservación e, sobre todo e dende hai décadas, durante as festas patronais que se celebran no mes de agosto, e que ocupan a calzada da OU-212 durante varios días.
Tratase dunha actuación que permite a rehabilitación do firme desta rúa, de modo que o tránsito por ela sexa en condicións de seguridade para vehículos e persoas. As tarefas a executar no marco deste convenio comprenden os traballos necesarios para a correcta drenaxe desta vía, de modo que o tránsito pola rúa sexa axeitado e minimice o deterioro do firme, así como as tarefas de conservación do firme co estendido de mestura bituminosa en quente.
Mediante o convenio, o departamento de Infraestruturas da Xunta comprométese a financiar as obras de mellora, e concello asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras, así como á contratación, execución, dirección, control e recepción das obras.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-mellora-accesibilidade-e-seguridade-viaria-na-rua-benito-taboas-na-vila-de-beariz
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-mellora-accesibilidade-e-seguridade-viaria-na-rua-benito-taboas-na-vila-de-beariz
[3] whatsapp://send?text=A Xunta mellora a accesibilidade e a seguridade viaria na rúa Benito Táboas, na vila de Beariz http://copecarballino.es/novas/xunta-mellora-accesibilidade-e-seguridade-viaria-na-rua-benito-taboas-na-vila-de-beariz
[4] http://www.copecarballino.es/print/49993