Desenrolado por coroa.es
A Consellería de Política Social ven de resolver a última convocatoria para a apertura de novas casas niños nos concellos de menos de 5.000 habitantes, nesta nova convocatoria incluíse a apertura deste servicio no concello de Punxín, que no ámbito da Comarca do Carballiño ven a sumarse ás xa abertas nos concellos de Beariz, O Irixo, Piñor e San Amaro.
As casas niño están destinadas a atender cativiños entre os 0 e os 3 anos de idade, de forma gratuíta, para favorecer as necesidades de conciliación dos país e nais que viven nos pequenos concellos rurais, con capacidade para atender entre 5 e 9 usuarios.
Esta medida forma parte das iniciativas que se contemplan no Programa de Apoio á natalidade (PAN Galicia) que a Consellería de Política Social está a desenvolver dende finais de 2015 con accións como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a apertura de novas escolas infantís ou a recentemente anunciada de gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos en todas as escolas de Galicia para os segundos fillos e sucesivos a partir do vindeiro ano.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-apoia-apertura-en-punxin-dunha-nova-casa-nino-da-que-xa-disponen-en-beariz-san-amaro-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-apoia-apertura-en-punxin-dunha-nova-casa-nino-da-que-xa-disponen-en-beariz-san-amaro-o
[3] whatsapp://send?text=A Xunta apoia a apertura en Punxín dunha nova casa niño, da que xa dispoñen en Beariz, San Amaro, O Irixo e Piñor http://copecarballino.es/novas/xunta-apoia-apertura-en-punxin-dunha-nova-casa-nino-da-que-xa-disponen-en-beariz-san-amaro-o
[4] http://www.copecarballino.es/print/52190