Desenrolado por coroa.es
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitará en 2020 as obras de mellora e humanización no acceso principal á localidade de Alvite,no concello de Beariz, elixido recentemente como o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño, recoñecemento compartido con Pazos de Arenteiro, tras unha votación popular promovida por COPE O Carballiño.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, veñen de asinar un convenio de colaboración para a execución desta actuación de urbanización; onde a Xunta asume un 70% do importe do convenio (máis de 110.000 euros), mentres que o concello a porcentaxe restante (case 35.000 euros).
A actuación consistirá na mellora dos accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.
Ángeles Vázquez trasladoulle ao alcalde a importancia de establecer lazos de colaboración como o asinado con Beariz, pois trátase de mellorar e acondicionar os espazos urbanos para facilitar a accesibilidade aos veciños e poñer en valor zonas dun concello.
Asemade, destacou que este tipo de colaboracións tamén son un instrumento para axudar a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das aldeas, vilas e cidades galegas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-colaboran-na-obra-de-acondicionamento-do-acceso-principal-alvite-que-tera-un
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-colaboran-na-obra-de-acondicionamento-do-acceso-principal-alvite-que-tera-un
[3] whatsapp://send?text=Concello e Xunta colaboran na obra de acondicionamento do acceso principal a Alvite, que terá un orzamento de 135.000 euros http://copecarballino.es/novas/concello-e-xunta-colaboran-na-obra-de-acondicionamento-do-acceso-principal-alvite-que-tera-un
[4] http://www.copecarballino.es/print/52409