Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Comezaron as obras de reforma da rúa principal de Boborás, ás que a Xunta destina 240.000 euros

31, Xaneiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comezou as obras de acondicionamento e humanización da rúa Cristóbal Colón, a rúa principal da localidade de Boborás, e na que se ubican a casa do concello, o centro de saúde e a farmacia do municipio.

A Consellería de Medio Ambiente financia as obras cun importe de case 240.000 euros, e que consisten na mellora integral da rúa Cristobal Colón, dentgro do núcleo tradicional de Boborás.

Os traballos consisten no levantado do firme de rego asfáltico, sumidoiros e arquetas do tramo, abriranse gabias para canalización de redes de alumeado público, electricidade, telecomunicacións e rede de pluviais e tamén se procederá á renovación da canalización de recollida de augas pluviais, o soterramento das liñas de electricidade e de telefonía e concluirán coa instalación dun novo pavimento. O prazo de execución das mesmas é de oito meses.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/comezaron-obras-de-reforma-da-rua-principal-de-boboras-que-xunta-destina-240000-euros

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comezaron-obras-de-reforma-da-rua-principal-de-boboras-que-xunta-destina-240000-euros [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comezaron-obras-de-reforma-da-rua-principal-de-boboras-que-xunta-destina-240000-euros [3] whatsapp://send?text=Comezaron as obras de reforma da rúa principal de Boborás, ás que a Xunta destina 240.000 euros http://copecarballino.es/novas/comezaron-obras-de-reforma-da-rua-principal-de-boboras-que-xunta-destina-240000-euros [4] http://www.copecarballino.es/print/52749