Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro consuma a remontada en Abegondo, con goles de Joni e Albertito, e tráese os tres puntos para O Carballiño

2, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Arenteiro, que xogaba por vez primeira na súa historia no campo principal da cidade deportiva de Abegondo, impúxose ao Fabril grazas a unha gran segunda parte na que os verdes foron superiores ao filial deportivista.

Adiantaronse os locais no minuto 40 e co 1-0 chegouse ao descanso, nunha primeira parte na que o Arenteiro aguantou ben a pesar de encaixar o gol.

Na segunda parte o Arenteiro fíxose definitivametne co partido e foi mellor en todas as liñas que o seu rival, o gol do empate conseguido por Joni facía xustiza ao que estaba verse sobre o campo.

Pero o mellor aínda estaba por chegar, e chegaría xa cando o partido ía camiño do final, no minuto 86 Albertito consumaba a remontada, e con ela tres puntazos que sitúan ao Arenteiro no posto 10º da clasificación con 29 puntos.

No partido, entrou na segunda parte, debutou o dianteiro Javi Pazos, que chegou esta semana ao equipo procedente do Pontevedra CF. Quen aínda non pudo entrar na convocatoria foi a outra fichaxe, Fran Monroy, pendente do transfer internacional.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc... [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-arenteiro-consuma-remontada-en-abegondo-con-goles-de-joni-e-albertito-e-traese-os-tres

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-consuma-remontada-en-abegondo-con-goles-de-joni-e-albertito-e-traese-os-tres [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-consuma-remontada-en-abegondo-con-goles-de-joni-e-albertito-e-traese-os-tres [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro consuma a remontada en Abegondo, con goles de Joni e Albertito, e tráese os tres puntos para O Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-consuma-remontada-en-abegondo-con-goles-de-joni-e-albertito-e-traese-os-tres [4] http://www.copecarballino.es/print/52781 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614867&cod_acta=614867