Desenrolado por coroa.es
A fibra óptica chegará nos próximos meses a todas as localidades do municipio, según aseguran dende o goberno do concello.
O alcalde de San Amaro, Rubén Gómez, informa que “esta semana comezarán a instalación no núcleo de San Amaro e posteriormente extenderase a tódalas parroquias do municipio”, e sinala que “dende o Concello estamos a traballar para facilitar a labor”.
Asimesmo, Gómez sinalaba que “estamos a traballar paralelamente para mellorar a cobertura móbil no concello, xa que se trata dunha demanda histórica dos veciños e veciñas de San Amaro e moi necesaria, que precisamos poñerlle solución o antes posible”.
Dende o Grupo de Goberno son conscientes de que o acceso ás tecnoloxías da comunicación son un punto moi débil no Concello, “algo no que estamos a traballar para mellorar, xa que nos tempos nos que estamos é imprescindible solucionar”, finaliza Gómez.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comeza-instalacion-da-fibra-optica-que-chegara-todas-parroquias-do-municipio
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comeza-instalacion-da-fibra-optica-que-chegara-todas-parroquias-do-municipio
[3] whatsapp://send?text=Comeza a instalación da fibra óptica, que chegará a todas as parroquias do municipio http://copecarballino.es/novas/comeza-instalacion-da-fibra-optica-que-chegara-todas-parroquias-do-municipio
[4] http://www.copecarballino.es/print/52799