Desenrolado por coroa.es
O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Avión, Antonio Montero, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste concello ourensán relacionadas co agro. Así, entre os temas tratados, destacou a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio e así poñer de exemplo de prevención e de desenvolvemento económico a un núcleo deste concello. Concretamente, falouse do núcleo de Cortegazas como posible candidato a este proxecto de recuperación de terras.
Durante a reunión, tanto o conselleiro como o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, que tamén estivo presente no encontro, explicaron en que consiste esta iniciativa que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens dos incendios forestais mediante diversas actuacións enfocadas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas. Neste caso apostaríase por orientar eses terreos a diversas producións agrícolas relacionadas coa comarca ourensá do ribeiro, á que pertence este concello.
Neste senso, o alcalde mostrouse moi interesado e comprometeuse a analizar a situación actual do núcleo de Cortegazas para comprobar que se axusta ás características deste tipo de proxectos de recuperación. Pola súa banda, o titular de Medio Rural agradeceu a súa disposición para traballar todos xuntos na protección do rural e incidiu en que, a través desta figura, ademais de executar a limpeza das chamadas franxas secundarias é determinante poñelas a producir para que actúen como devasa natural fronte aos lumes forestais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cortegazas-candidata-aldea-modelo-no-concello-de-avion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cortegazas-candidata-aldea-modelo-no-concello-de-avion
[3] whatsapp://send?text=Cortegazas, candidata a aldea modelo no concello de Avión http://copecarballino.es/novas/cortegazas-candidata-aldea-modelo-no-concello-de-avion
[4] http://www.copecarballino.es/print/52848