Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Augas de Galicia adxudica a redacción do proxecto de mellora do abastecemento de auga a Leiro

8, Marzo 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento do Concello de Leiro.

Este contrato, que foi adxudicado á empresa Diagrama Ingeniería Galicia S.L por un investimento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses.

A intervención consistirá na renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro.

As actuacións teñen como obxectivo resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se veñen producindo neste treito de condución que abastece á ETAP e ao depósito de Leiro.

Para isto, no proxecto analizarase a situación actual destas instalacións e definirase o conxunto de actuacións necesarias para acadar a mellora na rede de subministro de auga neste municipio de Leiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/augas-de-galicia-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-do-abastecemento-de-auga-leiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/augas-de-galicia-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-do-abastecemento-de-auga-leiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/augas-de-galicia-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-do-abastecemento-de-auga-leiro [3] whatsapp://send?text=Augas de Galicia adxudica a redacción do proxecto de mellora do abastecemento de auga a Leiro http://copecarballino.es/novas/augas-de-galicia-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-do-abastecemento-de-auga-leiro [4] http://www.copecarballino.es/print/53183