Desenrolado por coroa.es
No concello do Carballiño incorpouse un vehículo que está especialmente adaptado para esta función, xa que permite a desinfección de forma mecánica.
O concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, coordena os traballos que se priorizan dende a comisión de seguimento da alerta sanitaria do concello do Carballiño.
O alcalde, Francisco Fumega, comunicaba hoxe que esta actividade de desinfección xa se ven facendo desde a pasada semana naqueles espazos de máis afluencia de público, e desde esta semana van levarse a cabo noutras zonas do ámbito urbano, para esta mesma noite está previsto que a desinfección se acometa nas rúas que baixan dende o centro ata a avenida do Balneario.
Esta mesma actividade de desinfección de lugares sensibles está en marcha en todos os concellos da comarca, prestando especial atención nos centros de saúde, oficinas municipais, farmacias e establecementos de alimentación.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-incrementan-os-traballos-de-desinfeccion-nos-lugares-mais-sensibles
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-incrementan-os-traballos-de-desinfeccion-nos-lugares-mais-sensibles
[3] whatsapp://send?text=Os concellos da comarca incrementan os traballos de desinfección nos lugares máis sensibles http://copecarballino.es/novas/os-concellos-da-comarca-incrementan-os-traballos-de-desinfeccion-nos-lugares-mais-sensibles
[4] http://www.copecarballino.es/print/53347