Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Galicia ven de designar aos tres aloxamentos para poñelos a disposición de traballadores desplazados, persoas sen fogar ou en exclusión social en situación de emerxencia, vítimas de violencia de xénero ou especialmente vulnerables, mentres dure o estado de alerta.
Son, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o Pazo da Amuzara no concello de Boborás, o hotel Eurostars de San Clodio no concello de Leiro, e o camping municipal do Carballiño.
Con esta iniciativa, a Xunta ofrece unha alternativa polo peche de hoteis e establecementos turísticos decretado polo goberno central e que entra en vigor este xoves dia 26 de Marzo.
Para a xestión de reservas e demanda de aloxamento está dispoñible o teléfono 986 447 060.
Este servizo non poderá ser en ningún caso utilizado por persoas sen unha razón que esté amparada polo Real Decreto 463/2020
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pazo-da-almuzara-hotel-eurostars-de-s-clodio-e-o-camping-do-carballino-disposicion-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pazo-da-almuzara-hotel-eurostars-de-s-clodio-e-o-camping-do-carballino-disposicion-de
[3] whatsapp://send?text=Pazo da Almuzara, hotel Eurostars de S. Clodio e o camping do Carballiño, a disposición de traballadores desprazados, persoas en exclusión social ou vulnerables durante a crise do coronavirus http://copecarballino.es/novas/pazo-da-almuzara-hotel-eurostars-de-s-clodio-e-o-camping-do-carballino-disposicion-de
[4] http://www.copecarballino.es/print/53371