Desenrolado por coroa.es
Unha tormenta que descargou a media tarde deste martes 14 de Abril unha gran cantidade de sarabia sorprendeu á veciñanza confinada nas súas casas, vendo como provocaba danos considerables nos cultivos de horta, moitos recén prantados, e nas árbores frutais en varias zonas da comarca.
Concretamente, a área máis afectada foi o triángulo definido polo norte do concello do Carballiño, o este do municipio de Maside e o sur de San Cristovo de Cea, e as aldeas máis afectadas as das parroquias de Seoane, A Piteira, ou San Facundo. No mesmo parque empresarial do Carballiño a sarabiada foi monumental.
As estradas desta contorna quedaron brancas e con varios centímetros de espesor de pedra caída, que motivou incidencias no tráfico, xa que os conductores víronse obrigados a deter a circulación dos vehículos, mesmo na autovía de Santiago ao seu paso por esta zona, sen que haxa que lamentar accidentes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-forte-tormenta-de-sarabia-provoca-danos-en-cultivos-de-horta-e-incidencias-no-trafico-en
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-forte-tormenta-de-sarabia-provoca-danos-en-cultivos-de-horta-e-incidencias-no-trafico-en
[3] whatsapp://send?text=Unha forte tormenta de sarabia provoca danos en cultivos de horta e incidencias no tráfico en varias zonas da comarca http://copecarballino.es/novas/unha-forte-tormenta-de-sarabia-provoca-danos-en-cultivos-de-horta-e-incidencias-no-trafico-en
[4] http://www.copecarballino.es/print/53527