Desenrolado por coroa.es
Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, na parroquia de Carballeda.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01:15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.
Ata o lugar desprazáronse informados polo 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño – O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención. Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e do equipo sanitario, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do concello de PIñor.
Segundo a información dos axentes da Garda Civil ao 112 Galicia, o ferido, posiblemente, atopábase nesta situación dende as 17:00 horas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/restacado-de-madrugada-un-home-tras-permanecer-oito-horas-atrapado-baixo-o-tractor-que
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/restacado-de-madrugada-un-home-tras-permanecer-oito-horas-atrapado-baixo-o-tractor-que
[3] whatsapp://send?text=Restacado de madrugada un home tras permanecer oito horas atrapado baixo o tractor que manexaba, en Carballeda http://copecarballino.es/novas/restacado-de-madrugada-un-home-tras-permanecer-oito-horas-atrapado-baixo-o-tractor-que
[4] http://www.copecarballino.es/print/53963