Desenrolado por coroa.es
Alcaldes, alcaldesas e portavoces do Partido Popular na provincia de Ourense, entre eles a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, expresaron hoxe o seu malestar pola reestruturación dos servizos de atención ao cliente que a entidade financeira Abanca está a realizar nos concellos do rural ourensán, o que está a supoñer unha drástica reducción de días de apertura das oficinas, horarios e mesmo o peche das sucursais.
Nunha reunión mantida esta tarde na sede provincial popular, unha representación dos alcaldes, alcaldesas e portavoces dos concellos afectados por toda a provincia esixiron a Abanca o mantemento dun servizo digno de atención, “logo de que no seu día a veciñanza confiou os seus cartos a esta entidade e agora vense defraudados, abandoados, sen servizo, facendo longas ringleiras para que lles atendan, desprazándose a outras localidade e cinguíndose aos horarios e xornadas impostas de xeito unilateral polo banco”.
Abanca, coincidiron en sinalar os representantes municipais, ven facendo gala do seu compromiso social co rural, “pero o certo é que establece unha inaceptable discriminación cos clientes das ciudades, afectando a todos os habitantes e empresas do rural”.
Os asistentes á reunión, que recolleron o sentir dos seus compañeiros e compañeiras en toda a provincia e da veciñanza, lembraron que a entidade financeira “como moitos outros servizos, adoptou unha serie de medidas de reestruturación como consecuencia da pandemia, pero agora non podemos aceptar que manteñan os recortes e mesmo a supresión da atención aos clientes amparándose na situación derivada do Covid-19”.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/entre-eles-os-do-irixo-e-boboras-alcaldes-e-alcadesas-do-partido-popular-esixen-abanca-un
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/entre-eles-os-do-irixo-e-boboras-alcaldes-e-alcadesas-do-partido-popular-esixen-abanca-un
[3] whatsapp://send?text=Entre eles os do Irixo e Boborás: alcaldes e alcadesas do Partido Popular esixen a ABANCA un servicio digno para o rural http://copecarballino.es/novas/entre-eles-os-do-irixo-e-boboras-alcaldes-e-alcadesas-do-partido-popular-esixen-abanca-un
[4] http://www.copecarballino.es/print/54146