Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Maside programa cine, pasarrúas, concertos e outras actividades en substitución das Festas de San Vitorio. As celebracións relixiosas serán ao aire libre, no parque do feiral.

25, Agosto 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As actividades programadas polo concello masidao deron comezo o pasado sábado co espectáculo de Dar Trela "Risoteatria" e teñen continuidade coas Noites de Cine, ás 21:30 na Praza Maior coas proxeccións das películas "Angry Birds 2", "Padre no hay más que uno" e "Spirderman-Lejos de casa".

O xoves 27 é festivo de carácter local no concello de Maside, e as 13 horas procederáse a izar a nova bandeira oficial no balcón do consistorio. Ademáis, neste mesmo dia de San Vitorio as bombas de palenque anunciarán ás 10 da mañá a festividade, que terá misa solemne ás 12 do mediodia ao aire libre, no parque do feiral de Maside, ao pe da igrexa parroquial.

A Banda de música A Lira de Ribadavia ofrecerá pasarrúas e un concerto ás 13:30 horas na Praza Maior, mentres que a charanga Castro Bello animará as rúas dende as 19 ás 24 horas, tamén acturán grupos locais na tradicional tarde de folc e troula.

Xa o venres 28, os masidaos gozarán dos pasarrúas matinais da Banda de Música de Boborás, que despóis dará un concerto ás 13:30 horas na Praza Maior. Dende as 19 horas máis música coa charanga CLK, e as 23 horas un concerto na rúa principal de Maside do grupo "The Impossiblues". Unha sesión de fogos artificiais á medianoite completará este programa de actividades organizado polo concello de Maside en substitución das Festas de San Vitorio, que este ano non se celebran debido á pandemia do Covid 19.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/maside-programa-cine-pasarruas-concertos-e-outras-actividades-en-substitucion-das-festas-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-programa-cine-pasarruas-concertos-e-outras-actividades-en-substitucion-das-festas-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-programa-cine-pasarruas-concertos-e-outras-actividades-en-substitucion-das-festas-de [3] whatsapp://send?text=Maside programa cine, pasarrúas, concertos e outras actividades en substitución das Festas de San Vitorio. As celebracións relixiosas serán ao aire libre, no parque do feiral. http://copecarballino.es/novas/maside-programa-cine-pasarruas-concertos-e-outras-actividades-en-substitucion-das-festas-de [4] http://www.copecarballino.es/print/54290