Desenrolado por coroa.es
Un home de 82 anos faleceu a primeira hora da tarde deste xoves 3 de Setembro nun accidente co seu tractor no lugar de A Vila, na parroquia de Pazos de Arenteioro.
O tractor que conducía chocou primeiro contra un muro e despóis envorcou, provocando a morte do octoxenario.
Ata o lugar do accidente, o 112 mobilizou un operativo de emerxencias no que participaron os bombeiros do parque comarcal, efectivos do GES de Avión e Protección Civil de Boborás, asi como o persoal médico do 061 e un helicóptero medicalizado, aínda que xa nada poideron facer para salvar a vida da vítima.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-un-octoxenario-en-pazos-de-arenteiro-nun-accidente-co-seu-tractor
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-un-octoxenario-en-pazos-de-arenteiro-nun-accidente-co-seu-tractor
[3] whatsapp://send?text=Falece un octoxenario en Pazos de Arenteiro nun accidente co seu tractor http://copecarballino.es/novas/falece-un-octoxenario-en-pazos-de-arenteiro-nun-accidente-co-seu-tractor
[4] http://www.copecarballino.es/print/54347