Desenrolado por coroa.es
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 36 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 4 concellos da provincia na pasada fin de semana, nos que se identificaron a 476 persoas e se tramitaron 8 denuncias.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 36 dispositivos nos municipios de Ourense, Boborás, O Carballiño e Verín. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias, tamén realizaron operativos a Garda Civil, sobre todos no concello de Boborás, e a Policia Local do Carballiño, neste municipio.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-autonomica-identificou-durante-fin-de-semana-476-persoas-e-tramitou-8-denuncias-polo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-autonomica-identificou-durante-fin-de-semana-476-persoas-e-tramitou-8-denuncias-polo
[3] whatsapp://send?text=A Policia Autonómica identificou durante a fin de semana a 476 persoas e tramitou 8 denuncias polo incumprimento das medidas de restrición http://copecarballino.es/novas/policia-autonomica-identificou-durante-fin-de-semana-476-persoas-e-tramitou-8-denuncias-polo
[4] http://www.copecarballino.es/print/54609