Desenrolado por coroa.es
A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros. Este proxecto contará cun prazo de execución estimado de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas.
A actuación consistirá na rehabilitación da capa de rodadura en dous treitos, un entre os puntos quilométricos 23+180 e 23+380 e outro entre os puntos 24+900 e 27+150. O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada mediante a extensión dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor. Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-de-mellora-na-ou-212-ao-seu-paso-polo-concello-de-avion-cun-investimento-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-de-mellora-na-ou-212-ao-seu-paso-polo-concello-de-avion-cun-investimento-de
[3] whatsapp://send?text=A Xunta inicia as obras de mellora na OU-212 ao seu paso polo concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-de-mellora-na-ou-212-ao-seu-paso-polo-concello-de-avion-cun-investimento-de
[4] http://www.copecarballino.es/print/54720