Desenrolado por coroa.es
A avaría, según os datos facilitados por Naturgy deixou sen suministro a 238 clientes da rede eléctrica, aínda que o número de persoas afectadas é moito maior, tanto no pobo de Dacón como en varias localidades próximas.
O corte na subministración eléctrica rexistrouse ás 16:58 horas deste sábado dia 20 de Febreiro, e ben entrada a noite o servizo continuaba sen restablecerse. A indignación é manifesta entre a veciñanza e numerosos oíntes de COPE O Carballiño asi o están manifestando "levamos seis horas sen luz, e non conseguimos que polo menos nos dean unha explicación do que está pasando", afirma unha veciña de Dacón, "a única explicación que temos é a de un contestador automático que nos dí que a avaría está en resolucion".
"Temos unha poboación que é maior ou de avanzada idade, non pode ser que cada vez que caen unhas gotas ou sopla o vento pase esto en pleno século XXI, coas tarifas máis caras e en plena pandemia, esto é intolerable" tamén recordan que en Dacón está ubicada unha residencia de maiores, unha gasolineira, bares e outros negocios que saen perxudicados por unha avaría tan prolongada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dacon-escuras-sen-suministro-electrico-na-tarde-noite-deste-sabado-debido-unha-avaria-na-rede
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dacon-escuras-sen-suministro-electrico-na-tarde-noite-deste-sabado-debido-unha-avaria-na-rede
[3] whatsapp://send?text=Dacón ás escuras: sen suministro eléctrico na tarde-noite deste sábado debido a unha avaría na rede, que causa indignación na localidade http://copecarballino.es/novas/dacon-escuras-sen-suministro-electrico-na-tarde-noite-deste-sabado-debido-unha-avaria-na-rede
[4] http://www.copecarballino.es/print/56097