Desenrolado por coroa.es
Unha das obras máis agardadas nos últimos anos no Estadio Municipal de Espiñedo será unha realidade este mesmo ano, a reposición integral do terreo de xogo, que ten unha superficie de 105X67 metros.
A directiva do CD Arenteiro fixo público hoxe un comunicado informando que "tal como comunicou o presidente da Deputación Manuel Baltar a Argmiro Marnotes, presidente de CD Arenteiro, o importe da execución desta obra será incorporado na modificación orzamentaria da Deputación e aprobaráse no pleno deste mesmo mes de marzo".
O proxecto, elaborado polo arquitecto municipal do concello do Carballiño, ascende a algo máis de 186.000 euros. Consistirá en levantar a totalidade do terreo de xogo, instalacion de rede de tubaxes de drenaxe, capa de grava, capa de area e tepes, asi como un novo sistema de rego.
Nos últimos anos, e tamén na actúal tempada, o club veuse obrigado a trasladar o partidos oficiais na terceira división ao campo da Regueiriña de Barbantes, ante o estado impracticable para o fútbol do terreo de xogo. O Club agradece publicamente no seu comunicado "a sensibilidade que se mostra dende a Deputacioón con esta necesidade ao afrontar integramente a obra, e ao concello do Carballiño por ter realizado o proxecto técnico necesario para a execución do proxecto". Nos últimos anos a entidade provincial xa financiou a construcción de novos vestiarios e a instalación de bancadas no recinto deportivo.
Agora, o club agarda que a obra de poida adxudicar canto antes para que o Estadio de Espiñedo "mostre a súa mellor cara xa dende os inicios da próxima tempada".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-de-ourense-acometera-reposicion-integral-do-terreo-de-xogo-do-estadio-de-espinedo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-de-ourense-acometera-reposicion-integral-do-terreo-de-xogo-do-estadio-de-espinedo
[3] whatsapp://send?text=A Deputación de Ourense acometerá a reposición integral do terreo de xogo do Estadio de Espiñedo, cun orzamento de 186.000 euros http://copecarballino.es/novas/deputacion-de-ourense-acometera-reposicion-integral-do-terreo-de-xogo-do-estadio-de-espinedo
[4] http://www.copecarballino.es/print/56634