Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-212 entre Beariz e o desvio de Couso

17, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción de proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212, ao seu paso polo concello de Beariz, no treito que vai ata o desvío do núcleo do Alto de Couso. O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000 euros.

O adxudicatario conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto. Esta actuación ten como obxectivo a execución das obras de ensanche e mellora do tramo da citada estrada, comprendido entre Beariz, no punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Alto de Couso, no quilómetro 12+320. A redacción do proxecto tamén deberá valorar a rectificación de curvas nas zonas onde sexa necesario.

Este novo traballo contratado polo departamento de Infraestruturas da Xunta seguirá, en liñas xerais, o mesmo criterio de deseño das obras executadas no seu momento entre o desvío de Couso e Avión, no punto quilométrico 20+540. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-da-estrada-ou-212-entre-beariz-e-o-desvio-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-da-estrada-ou-212-entre-beariz-e-o-desvio-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-da-estrada-ou-212-entre-beariz-e-o-desvio-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-212 entre Beariz e o desvio de Couso http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-redaccion-do-proxecto-de-mellora-da-estrada-ou-212-entre-beariz-e-o-desvio-de [4] http://www.copecarballino.es/print/56643