Desenrolado por coroa.es
A concellería de Cultura do Carballiño ven de presentar a programación cultural do mes de maio na que destaca o eido literario. Podemos salientar a exposición sobre a Revista Nós que se pode visitar na Praza Maior da vila ata o día 14 de maio, as actividades sobre Emilia Pardo Bazán polo centenario do seu pasamento ou a homenaxe a Xela Arias nas Letras Galegas.
Tal como anunciou o Concello do Carballiño, este ano Emilia Pardo Bazán será a figura que protagonizará unha serie de actividades que buscan dar a coñecer a súa vida e obra, pero tamén o seu vínculo co Carballiño. Logo da reedición do Cisne de Vila Morta, neste mes a concellería programou unha exposición fotográfica no concello en colaboración con Potiños sobre aqueles espazos do Carballiño nos que transcurriu unha parte da vida e obra da escritora que se inaugurará o día 11 de maio. Tamén está programada unha ofrenda floral na Praza Emilia Pardo Bazán no mesmo día que se cumpre o centenario do seu pasamento, o 12 de maio, e o sábado 22 pola mañá terá lugar un roteiro na zona rural do Carballiño sobre a escritora da mán do Instituto de Estudios Chamoso Lamas, este terá as prazas limitadas e @s interesad@s poderán anotarse no enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal [5] . Ademais, o alumnado de 4º da ESO do Carballiño poderá disfrutar dunha visita teatralizada da escritora.
En canto ás Letras Galegas, a programación comezará ca actuación de Peter Punk na Praza da Veracruz o sábado 14 ás 12h ca súa obra infantil “novo espectáculo viral” e continuará na Insua dos Poetas o día 17 de maio ás 19h con 4mal Quartet Jazz con “musicando versos por Xela Arias”. Ademais, por parte da concellería de Educación e Normalización Lingüística vai a realizarse un mural adicado á poeta nun espazo céntrico, obradoiros nos centros escolares e actuacións por parte do Conservatorio Municipal.
Ademáis, os colectivos culturais do Carballiño continúan cas actividades, como é o caso do Cineclub, que proxectará ao longo do mes en sesión de tarde os venres e os domingos, as películas “Olvido y León, “ Cuñados”, “Nación “ e “El horizonte”. O colectivo fotográfico Potiños, que conta con varias exposicións espalladas por locais da vila, celebrará o domingo 23 a actividade “pon unha foto na rúa: retratos con máscara” e o Instituto de Estudos Carballiñeses presentará a edición número 37 da Revista Agora do Orcellón o sábado 29 ás 12h no Auditorio Manuel María.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/exposicion-sobre-revista-nos-actividades-dedicadas-emilia-pardo-bazan-e-letras-galegas-no-maio
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/exposicion-sobre-revista-nos-actividades-dedicadas-emilia-pardo-bazan-e-letras-galegas-no-maio
[3] whatsapp://send?text=A exposición sobre a revista Nos, as actividades dedicadas a Emilia Pardo Bazán e as Letras Galegas, no Maio Cultural do Concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/exposicion-sobre-revista-nos-actividades-dedicadas-emilia-pardo-bazan-e-letras-galegas-no-maio
[4] http://www.copecarballino.es/print/56986
[5] mailto:oixcultura@carballino.gal