Desenrolado por coroa.es
O xurado dos XXVII Premios de Gastronomía de Galicia ven de outorgar un dos oito galardóns desta edición ao empresario carballiñés Francisco Gómez, premiando a súa traxectoria no apartado da promoción culinaria. Trátase dunha convocatoria que cada ano promove o concello de Lalín, e que naceu ligada á festa do cocido.
Nacido no seo dunha familia con tradición pulpeira de Arcos, non será o primeiro galardón que recibirá, xa anteriormente Francisco Gómez xa fora elixido como o "mellor pulpeiro de Galicia" no Forum Gastronómico na cidade de A Coruña.
Francisco Gómez xestiona actualmente o restaurante A Feira en Ourense e 8 restaurantes en Asturias, nos que se sirve o tradicional pulpo á feira como producto estrela.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-empresario-carballines-francisco-gomez-recibe-o-premio-de-gastronomia-de-galicia-pola-sua
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-empresario-carballines-francisco-gomez-recibe-o-premio-de-gastronomia-de-galicia-pola-sua
[3] whatsapp://send?text=O empresario carballiñés Francisco Gómez recibe o Premio de Gastronomia de Galicia pola súa aportación á
[4] http://www.copecarballino.es/print/56997