Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas de promoción pública na avenida de Compostela do Carballiño

11, Maio 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou o procedemento para a adxudicación dun total de cinco vivendas de promoción pública vacantes no concello do Carballiño En todos os casos, trátanse de inmobles que xa foran adxudicados con anterioridade e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) asigna de novo unha vez devoltos polos anteriores moradores.

En concreto, adxudicaranse cinco inmobles emprazados na avenida de Compostela. Catro dos mesmos contan con tres dormitorios e o quinto dispón de dous. Os inmobles serán adxudicados a través dun sorteo, que se levará a cabo este xoves 13 de maio entre os que estiveran inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia na data de inicio do procedemento.

A lista de adxudicatarios e reservas resultantes dos sorteos publicarase na web do IGVS e no taboleiros de anuncios do concello do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/xunta-inicia-o-procedemento-para-adxudicacion-de-cinco-vivendas-de-promocion-publica-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-o-procedemento-para-adxudicacion-de-cinco-vivendas-de-promocion-publica-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-o-procedemento-para-adxudicacion-de-cinco-vivendas-de-promocion-publica-na [3] whatsapp://send?text=A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas de promoción pública na avenida de Compostela do Carballiño http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-o-procedemento-para-adxudicacion-de-cinco-vivendas-de-promocion-publica-na [4] http://www.copecarballino.es/print/57017