Desenrolado por coroa.es
O Día das Letras Galegas tivo hoxe o gran acto de lembranza da poeta Xela Arias, á quen se lle dedica este ano a efeméride da nosa cultura. Jazz e poesía mesturados para dar forma no espazo único de natureza e intelectualidade que conforma a Insua dos Poetas (na Esgueva, Madarnás, O Carballiño). Sobre o escenario, o escritor porteño e ourensán Luis González Tosar destacou a personalidade de Xela Arias como muller e poeta e a súa amizade, para dar paso, de seguido, aos poetas Quico e Rochi Nóvoa, e á banda 4Mal Quarter Jazz, que brindaron ao público o espectáculo de música e palabras titulado "Musicando versos".
O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense César Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres, e demais persoeiros institucionais, sociais e culturais, nunha xornada na que e protagonista foi Xela Arias, poeta, profesora, editora e tradutora galega. A actividade, patrocinada pola Deputación de Ourense a través da Rede de Auditorios Provincial, contou tamén co apoio do Concello do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dia-das-letras-galegas-na-insua-dos-poetas-con-musica-e-poesia-na-lembranza-de-xela-arias
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dia-das-letras-galegas-na-insua-dos-poetas-con-musica-e-poesia-na-lembranza-de-xela-arias
[3] whatsapp://send?text=Dia das Letras Galegas na Insua dos Poetas, con música e poesía na lembranza de Xela Arias http://copecarballino.es/novas/dia-das-letras-galegas-na-insua-dos-poetas-con-musica-e-poesia-na-lembranza-de-xela-arias
[4] http://www.copecarballino.es/print/57044