Desenrolado por coroa.es
A Concelleira de Medio Ambiente do Concello do Carballiño, Rita Soto, pon en coñecemento dos veciños e veciñas do Carballiño, o inicio da campaña de compostaxe doméstica co fin de aproveitar os residuos orgánicos e obter un abono de calidade e de balde. O que ,ademais, supón unha importante redución de gases de efecto invernadoiro e favorece a loita contra o cambio climático.
A campaña, que se leva a cabo nos concellos da provincia que teñen delegado o servizo de recollida de RSU na Deputación de Ourense, céntrase na distribución dos composteiros e no seguimento do proceso. Para poder solicitar a inclusión no programa o usuario debe ter a primeira residencia no Carballiño, un mínimo de 50 metros cadrados de horta ou xardín, non ter participado noutras edicións e o compromiso de estar presente nas visitas previstas na campaña.
A solicitude debe realizarse na área de medio ambiente do Carballiño en horario de 9h a 14h. Dende a concellería se anima á veciñanza a participar nesta experiencia que, sen dúbida, vén para quedarse.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-convida-vecinanza-participar-na-campana-de-compostaxe-domestica
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-convida-vecinanza-participar-na-campana-de-compostaxe-domestica
[3] whatsapp://send?text=A Concellería de Medio Ambiente convida á veciñanza a participar na campaña de compostaxe doméstica http://copecarballino.es/novas/concelleria-de-medio-ambiente-convida-vecinanza-participar-na-campana-de-compostaxe-domestica
[4] http://www.copecarballino.es/print/57045