Desenrolado por coroa.es
Na liquidación do orzamento do ano 2020, a cifra de dereitos pendentes de cobro, ascende a máis de 5.000.000 de € e, lóxicamente, gran parte destes cartos proveñen de impostos impagados, aseguran dende Espazo Común. Engaden que "a xestión feita por parte do Servizo de Recadación merece unha atención especial e sería desexable a elaboración dunha auditoría para coñecer realmente as causas de que uns veciños paguen, outros non e a outros se lles perdoen débedas".
O Grupo Municipal de Espazo Común do Carballiño anuncia que vai presentar, para que sexa tratada no pleno deste mes de maio, unha iniciativa para que o Concello, amplíe os prazos de pagamento de débedas de particulares "xa que os que establece actualmente a ordenanza son inasumibles para moitos veciños", consideran.
"Son xa varias as persoas que se dirixiron a nós para expresar o seu desexo de facer fronte ás contías pendentes pero que non poden facerlle fronte ao ser prazos moi reducidos", manifestan dende esta formación politica no concello do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-acredita-que-ten-dereitos-pendentes-de-cobro-que-rebasan-os-5-millons
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-acredita-que-ten-dereitos-pendentes-de-cobro-que-rebasan-os-5-millons
[3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño acredita que ten dereitos pendentes de cobro que rebasan os 5 millóns de euros. Espazo Común solicita unha auditoria para aclarar
[4] http://www.copecarballino.es/print/57047