Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O concello de Cea avanza no plan de dixitalización municipal: veciños, empresas e profesionais poderán realizar calquera trámite de forma virtual.

1, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de San Cristovo de Cea traballa para poñer a disposición da cidadanía un espazo virtual para acceder a información, os servizos e trámites electrónicos de carácter municipal, unha vez que se remate a implantación do plan de dixitalización do concello, tal como avanzou o concelleiro de novas tecnoloxias José Dalama.

Desta maneira, cidadáns, empresas ou profesionais poderán establecer relación oficial co concello de San Cristovo de Cea a través da rede "desde o seu teléfono móbil poderán ter acceso a a calquera trámite que precisen  a través do certificado electrónico, calquera certificado que necesiten, notificacións, pagar unha taxa un imposto", explicou Dalama.

En definitiva, o concello de Cea pasará  ter unha xestión virtual integral, que agora terá un novo impulso a través dunha achega económica por importe de 20.000 euros que para esta finalidade ven de conceder ao concello ceense a Deputación de Ourense.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-avanza-no-plan-de-dixitalizacion-municipal-vecinos-empresas-e-profesionais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-avanza-no-plan-de-dixitalizacion-municipal-vecinos-empresas-e-profesionais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-avanza-no-plan-de-dixitalizacion-municipal-vecinos-empresas-e-profesionais [3] whatsapp://send?text=O concello de Cea avanza no plan de dixitalización municipal: veciños, empresas e profesionais poderán realizar calquera trámite de forma virtual. http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-avanza-no-plan-de-dixitalizacion-municipal-vecinos-empresas-e-profesionais [4] http://www.copecarballino.es/print/57098