Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Ilustres persoeiras e persoeiros vencellados co concello de Maside darán nome a 14 rúas de Corzos

4, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Corporación municipal do concello de Maside aprobou o rueiro para a zona de Corzos, na parte que corresponde ao municipio masidao. Trátase de 14 viais que pasan a levar o nome doutros tantos persoeiros e persoeiras vencelladas co concello de Maside, a relación é a seguinte:

Víctor Campio Pereira González (1928, Maside - 2018, Ourense)
(Rúa Víctor Campio Pereira) Escritor e poeta.

Emilia Pardo Bazán de la Rúa-Figueroa (1851, A Coruña - 1921, Madrid)
(Rúa Emilia Pardo Bazán)
Novelista, narradora, ensaísta, poeta, dramaturga e periodista e catedrática de Literaturas Neolatinas Contemporáneas na Universidade Central.

Manuel Nolaso Lois Vázquez (1868, Maside - 1899, Maside)
(Rúa Manuel Lois Vázquez)
Médico, xornalista, escritor e poeta.

Epifanio Ferreiro Monterrubio (1884, Benavente - 1964, Maside)
(Rúa "Frei Mostaza", "Xan de Maside" ou Epifanio F. Monterrubio) Escritor e poeta.

Inocencio Portabales Nogueira (1858, Maside - 1923, Lugo)
(Rúa Inocencio Portabales)
Arcipreste, vicario xeral e escritor.

Valentín Portabales Blanco (1829, Maside - 1921, Lugo)
(Rúa Valentín Portabales)
Académico das Tres nobles Artes de San Fernando e da Real de Ciencias e Letras de Cádiz.
Xefe Superior Honorario de Administración Civil.
Director do Instituto de 2ª Ensinanza de Lugo.

José López Rodríguez (1862, Maside - 1921, La Habana)
(Rúa José López Rodríguez "Pote") Empresario en Cuba.

Francisco Luis Bernárdez Martínez (1900, Buenos Aires - 1978, Buenos Aires)
(Rúa Paco Luis Bernárdez) Poeta e diplomático arxentino.

Juan Sieiro González (1835, Maside - 1893, Ourense)
(Rúa Xan Sieiro González)
Filósofo, catedrático e escritor.

María Teresa Miras Portugal (1948, O Carballiño - Madrid, 2021)
(Rúa Mª Teresa Miras Portugal)
Científica, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense.

José Ángel González Nóvoa (1948, Maside - 2010, Maside)
(Rúa Xosé Anxo González Nóvoa) Músico e historiador.

Antonio Fraguas Fraguas (1905, Cotobade - 1999, Santiago de Compostela)
(Rúa Antón Fraguas Fraguas)
Escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo.
Publicou na revista NÓS "O Folclore de Listanco, e lendas".

José Francisco González González (1767, Maside - 1811, San Amaro)
(Rúa Xosé F. González "Labrador")
Guerrilleiro que combateu ás tropas do mariscal Soult que, procedentes de Vigo, dirixíanse a Castela.
Lugartenente de "Cachamuíña" como xefe da guerrilla da xurisdición de Maside contra o exercito de Napoleón, na Guerra da Independencia.

Francisco Ángel Botana Blanco (1932, Maside - 2014, Ourense)
(Rúa Francisco Botana Blanco)
Licenciado en Teoloxía e Doutor en Filosofía e Letras, catedrático, escritor e investigador de textos clásicos.

Para ver no plano o rueiro pode facélo abrindo o arquivo adxunto:

Arquivo: 
PDF icon rueiro_corzos.pdf [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/ilustres-persoeiras-e-persoeiros-vencellados-co-concello-de-maside-daran-nome-14-ruas-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ilustres-persoeiras-e-persoeiros-vencellados-co-concello-de-maside-daran-nome-14-ruas-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ilustres-persoeiras-e-persoeiros-vencellados-co-concello-de-maside-daran-nome-14-ruas-de [3] whatsapp://send?text=Ilustres persoeiras e persoeiros vencellados co concello de Maside darán nome a 14 rúas de Corzos http://copecarballino.es/novas/ilustres-persoeiras-e-persoeiros-vencellados-co-concello-de-maside-daran-nome-14-ruas-de [4] http://www.copecarballino.es/print/57113 [5] http://www.copecarballino.es/sites/default/files/rueiro_corzos_1.pdf