Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta estudará a posibilidade de construir no Irixo vivendas modulares ou a rehabilitación de vivendas abandonadas

7, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira Lorenzo, os proxectos de maior interese para o concello, como o apoio ao rural ou actuacións de abastecemento e saneamento.

O presidente da Xunta recordoulle ao alcalde, en relación ao primeiro punto, que a 2ª fase do plan de pastizais, que se activará proximamente, permitirá poñer en valor un total de 30 montes veciñais pertencentes a concellos galegos, entre eles os do Irixo. Tamén lle trasladou a vontade de estudar unha posible colaboración co proxecto consistente nunha web de venta online de empresarios do concello para apoiar a “marca Irixo”.

En relación ás dúas solicitudes cursadas polo concello para executar actuacións en materia de saneamento e abastecemento, o presidente da Xunta confirmoulle ao alcalde que neste momento están a ser analizadas. Finalmente, Feijóo tamén sinalou que se estudará a posibilidade de construír vivendas modulares ou a rehabilitación de vivendas en estado de abandono ou semiabandono, ademais da posibilidade de levar a cabo unha instalación deportiva na antiga estación do tren, en colaboración coa deputación.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/xunta-estudara-posibilidade-de-construir-no-irixo-vivendas-modulares-ou-rehabilitacion-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-estudara-posibilidade-de-construir-no-irixo-vivendas-modulares-ou-rehabilitacion-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-estudara-posibilidade-de-construir-no-irixo-vivendas-modulares-ou-rehabilitacion-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta estudará a posibilidade de construir no Irixo vivendas modulares ou a rehabilitación de vivendas abandonadas http://copecarballino.es/novas/xunta-estudara-posibilidade-de-construir-no-irixo-vivendas-modulares-ou-rehabilitacion-de [4] http://www.copecarballino.es/print/57121