Desenrolado por coroa.es
A comisión de festas de Cea recupera, en formato covid, a animación festiva da Saleta, aínda que tampouco este ano sen as súas multitudinarias verbenas, aínda que sí cun variado programa de actividades que se prolonga durante catro dias, entre o venres 24 e lúns 27, que ademáis será festivo de carácter local no municipio.
Venres 24
Ás 23 horas, na Praza Maior, "Música no Camiño" unha actividade do Xacobeo co dúo "Soul&Roll"
Sábado 25
Dende as 17 horas, na Praza Maior "Pan de Festa" unha degustación de productos galegos de calidade acompañados de pan de Cea. A esta mesma hora, comezarán a animar as rúas de Cea coa súa música a charanga CLK e o grupo "Feitizo de Pau", que ademáis desplazaráse ao pobos da parroquia. Os nenos terán un espectáculo infantil co mago "Deimi" e pola noite terá lugar unha actuación sorpresa.
Domingo 26
Pola mañá, haberá pasarrúas e acompañamento da procesión a cargo da Banda de Música de Vilatuxe, que despóis ofrecerá un concerto na Praza Maior. Pola tarde, música tradicional e para os nenos e nenas de Cea unha xornada de xogos medievais. äs 19 horas a Banda de Vilatuxe ofrecerá un novo concerto e pola noite outra sorpresa musical na Praza Maior.
Lúns 27
O dia festivo de ámbito local estará amenizado pola Banda de Música de Muimenta e o grupo de música tradicional "Terras do Arenteiro". Finalmente, ás 22:30 horas o grupo "De Perdidos al Trio" estará en concerto na Praza Maior de Cea.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cea-goza-dun-programa-de-4-dias-con-actividades-culturais-musica-e-animacion-coincidindo-coas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cea-goza-dun-programa-de-4-dias-con-actividades-culturais-musica-e-animacion-coincidindo-coas
[3] whatsapp://send?text=Cea goza dun programa de 4 dias con actividades culturais, música e animación, coincidindo coas tradicionais datas festivas da Saleta http://copecarballino.es/novas/cea-goza-dun-programa-de-4-dias-con-actividades-culturais-musica-e-animacion-coincidindo-coas
[4] http://www.copecarballino.es/print/57682