Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño ten previstas unha serie de actuacións en relación á nova tarifa eléctrica e á suba do prezo da mesma que comezarán o xoves, 28 de outubro, ás 20h na Casa da Cultura do Carballiño e habilita o seguinte enderezo electrónico para que a veciñanza se anote, oixcultura@carballino.gal [5].
Neste caso ,trátase dunha actividade impartida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que está a realizar unha campaña informativa, de apoio e asesoramento á cidadanía galega sobre a nova tarifa eléctrica implantada polo Goberno. Dende a entrada en vigor da nova normativa, o organismo atendeu máis de 1200 consultas relacionadas coa factura da luz. O IGCC creou contidos dixitais na súa web e elaborou folletos informativos con consellos e orientacións para aforrar na factura da luz, tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa –val, chairo e punta–.
Co ánimo de achegar esta información ás persoas consumidoras, a campaña inclúe unha serie de xornadas informativas para resolver dúbidas tanto de maneira presencial como online –a través da aula virtual do IGCC–. Ata o de agora, leváronse a cabo unha vintena destes talleres e están programados outros dez para as vindeiras semanas en diferentes concellos galegos. O IGCC, ademais das súas oficinas repartidas polas sete grandes cidades de Galicia ás cales se pode asistir mediante o sistema de cita previa, conta cun servizo telefónico gratuíto a través do número 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas de luns a venres. Os consumidores tamén poden enviar as súas dúbidas por correo electrónico ou a través dun formulario que atoparán na web do organismo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-en-colaboracion-co-igcc-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-nunha-charla
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-en-colaboracion-co-igcc-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-nunha-charla
[3] whatsapp://send?text=O concello, en colaboración co IGCC, abre o prazo de inscrición para participar nunha charla informativa sobre a nova tarifa eléctrica http://copecarballino.es/novas/o-concello-en-colaboracion-co-igcc-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-nunha-charla
[4] http://www.copecarballino.es/print/57849
[5] mailto:oixcultura@carballino.gal