Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, reunida esta mañá por via telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión dunha achega económica por importe de 200.000 euros para as actuacións que se precisan nas instalacións e con vistas á súa apertura, que acumula 14 anos de retraso, xa que nunca chegou a inaugurarse despóis de que fose rematado e tras unha inversión de algo máis de 2 millóns de euros por parte da Xunta.
Agora, a Deputación atende unha petición da Entidade Local de Berán, que é a propietaria das instalacións, para realizar obras de mellora tanto no equipamento como no edificio deste novo balneario de Berán. Desta maneira facilitaráse a súa apertura, xa que dende a Entidade aseguran que hai empresas interesadas na xestión do balneario para a súa explotacíon.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/entidade-local-menor-de-beran-recibe-unha-axuda-da-deputacion-por-importe-de-200000-euros-para
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/entidade-local-menor-de-beran-recibe-unha-axuda-da-deputacion-por-importe-de-200000-euros-para
[3] whatsapp://send?text=A Entidade Local Menor de Berán recibe unha axuda da Deputación por importe de 200.000 euros para a
[4] http://www.copecarballino.es/print/57967