Desenrolado por coroa.es
ABANCA e a Federación de Comercio de Ourense veñen de asinar un acordo de colaboración que busca apoiar aos negocios de proximidade que se atopan nas zonas polas que discorre o Camiño de Santiago. Este traballo conxunto resulta moi relevante nos últimos tempos, posto que a crise económica xerada como consecuencia da Covid-19 está a afectar con bastante profundidade ao comercio local.
A firma do acordo tivo lugar esta mañá en Ourense, onde o coordinador Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, asinaron dito convenio. Tras a rúbrica, os comerciantes adheridos terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que destaca un plan de financiamento creado polo banco e a federación para dar resposta ás necesidades do colectivo.
No acordo detállanse produtos e servizos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade nos negocios. Deste xeito, os comerciantes poderán acceder a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-establecementos-comerciais-de-pinor-e-cea-poderan-beneficiarse-do-convenio-abanca
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-establecementos-comerciais-de-pinor-e-cea-poderan-beneficiarse-do-convenio-abanca
[3] whatsapp://send?text=Os establecementos comerciais de Piñor e Cea poderán beneficiarse do convenio Abanca-Federación de Comercio para
[4] http://www.copecarballino.es/print/57994