Desenrolado por coroa.es
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o concello de San Amaro, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Fernando Redondo, para analizar e facer repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia, entre elas, a cuberta do Centro de Saúde.
Tras a reunión, o delegado territorial visitou as obras de mellora do abastecemento e do sistema de depuración que se están a desenvolver grazas ás axudas concedidas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, por importe superior aos 70.000 €. Concretamente, a Xunta concedeu ao Concello de San Amaro unha axuda de máis de 21.000 euros para a mellora do abastecemento no municipio; e outra por importe de 49.210 euros para a conexión da rede de saneamento e depuración do lugar das Viñas á rede das Casas Novas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-70000-euros-mellora-do-abastecemento-e-depuracion-de-augas-residuais-e-estuda
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-70000-euros-mellora-do-abastecemento-e-depuracion-de-augas-residuais-e-estuda
[3] whatsapp://send?text=A Xunta destina 70.000 euros á mellora do abastecemento e depuracion de augas residuais, e estuda colaborar noutras necesidades de San Amaro http://copecarballino.es/novas/xunta-destina-70000-euros-mellora-do-abastecemento-e-depuracion-de-augas-residuais-e-estuda
[4] http://www.copecarballino.es/print/58266