Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro quédase co mel nos labios en Palencia no minuto 95

26, Marzo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Arenteiro conseguíu sumar un punto ao empatar a un gol co Palencia CA na Nova Balastera, un estadio moderno cunhas magníficas instalacións pero cun deficiente terreo de xogo, en moi mal estado para a práctica do fútbol.

O gol do empate dos palentinos chegou no último suspiro do partido, cando os afeccionados do Arenteiro desprazados a Palencia e a todos os que seguían a restransmisión televisiva xa cantaban unha nova victoria dos verdes, ao final quedáronse co mel nos beizos, aínda que conseguir sumar nun estadio e cun rival como o Palencia Cristo At. sempre pode considerarse como positivo, e serve para prolongar a boa dinámica na que está e equipo. 

O Arenteiro saíu ao partido creendo nas súas posiblidades, e tras forzar un córner e dar mostras de perigo na área local, en apenas 3 minutos conseguíu adiantarse no marcador con conexión brasileira, Renán lanzou unha falta sobre a portería do Palencia e Cassio conectou un testarazo que levou o balón ao fondo da portería local. Un gol que probablemente marcou o resto do partido, ao que se chegaba ao descanso sen que en ningún momento houbese sensación de que perigase a victoria momentánea do Arenteiro.

Na segunda parte os palentinos saíron a por todas, rondaban unha e outra vez a área da portería pero Diego apenas tiña que intervir porque a liña defensiva do Arenteiro estaba soberbia cerrando espacios e facendo estéril o dominio local, e mesmo desperdiciaron os verdes dúas claras ocasións para sentenciar, unha primeira de Raúl Blanco e unha segunda na que Victor Eimil fixo todo ben pero non culminou a súa gran xogada personal e malogrou a sentencia.

O árbitro concedeu cinco minutos de desconto, e foi precisamente cando xa se cumplía o tempo da prolongación cando empata o Palencia cun bo remate de cabeza dentro da área.

Vera ficha do partido:https://www.rfef.es/actas?pid=3499142 [5]

Vídeo resumen do partido da TVG: https://www.youtube.com/watch?v=8qifimDcwQE [6]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-arenteiro-quedase-co-mel-nos-labios-en-palencia-no-minuto-95

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-quedase-co-mel-nos-labios-en-palencia-no-minuto-95 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-quedase-co-mel-nos-labios-en-palencia-no-minuto-95 [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro quédase co mel nos labios en Palencia no minuto 95 http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-quedase-co-mel-nos-labios-en-palencia-no-minuto-95 [4] http://www.copecarballino.es/print/59295 [5] https://www.rfef.es/actas?pid=3499142 [6] https://www.youtube.com/watch?v=8qifimDcwQE