Desenrolado por coroa.es
Os concellos do Carballiño e Maside veñen de presentar formalmente a solicitude ante a Xunta de Galicia para contar cun novo Programa Integrado de Emprego(PIE)de carácter intermunicipal edestinado a un total de 100 participantes, que deberán encontrarse en situación de desemprego.
Trátase dunha iniciativa que ten como finaliade a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral durante un periodo de 12 meses, o proxecto leva consigo o compromiso por parte dos promotores de insertar laboralmente a un mínimo do 45% das persoas atendidas durante o seu desenvolvemento.
O programa promovido polos concellos do Carballiño e Maside terá un carácter multisectorial e consta de dous itinerarios formativos: industrial e atención ao cliente. No primeiro, as persoas participantes recibirán formación en soldadora, carretilla elevadora, xestión de almacén, opoerario de ponte-grua e interpretación de planos mecánicos e caldereiría, mentres que no segundo itinerario ofertaráse formación en atención ao cliente en hostalaría e correo electrónico.
De forma transversal, os participantes no programa tamén recibirán formación en manipulación de alimentos e alfabetización dixital, en total serán 441 horas de formación durante un ano que ten de duración este PIE.
Os concellos de Maside e O Carballiño terán a colaboración para desenvolver esta actividade a 10 empresas, que facilitarán as prácticas non laborais dos participantes nas súas instalacións.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-do-carballino-e-maside-promoven-un-programa-integrado-de-emprego-de-ambito
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-do-carballino-e-maside-promoven-un-programa-integrado-de-emprego-de-ambito
[3] whatsapp://send?text=Os concellos do Carballiño e Maside promoven un Programa Integrado de Emprego de ámbito intermunicipal, para o que agardan obter financiación da Xunta. http://copecarballino.es/novas/os-concellos-do-carballino-e-maside-promoven-un-programa-integrado-de-emprego-de-ambito
[4] http://www.copecarballino.es/print/60277