Desenrolado por coroa.es
A axenda da fin de semana chega moi musical, con diversas propostas no Carballiño para este venres dia 22 de xullo, no ciclo "Feito no Carballiño" con "SKADELOS" ás 21:30 horas no Pub 7 Flores. Ás 23:00 horas xa na Praza Maior "THE IMPOSSIBLUES" farán de teloneiros do mítico grupo "HEREDEIROS DA CRUS", en concerto a partir das 00:00 horas.
Para o sábado 23 continúa o ciclo musical "Feito no Carballiño" con "SEZZ&CONVIDADOS" ás 20:30 horas na rúa do Paseo, e o domingo 24 ás 20:30 horas na Praz Maior máis música de rúa con "BREOCÁNS".
O domingo 24 ás 20:00 horas dentro da xira 2022 "lugares máxicos" o gaiteiro Carlos Núñez ofrece un concerto no máxico escenario do Mosteiro de Oseira, a entrada ten un prezo de 21 euros.
Ademáis de celebrarse este venres 22 a romaría da Madanela en Lobás, nesta fin de semana temos na comarca outra dúas citas gastronómicas: o domingo 24 o Xantar Popular da parroquia de Anllo-San Amaro, cun menú a base de carne de cabra guisada cunha receta ancestral que se conserva nesta localidade, con bebida e postres e un prezo de 18 euros. Para o lúns 25 queda a "Festa do Chuletón" de Garabás, na que por 22 euros poderá degustarse un chuletón de peso aproximado 700 gramos, con patacas, pementos, pan e bebida.
Se buscas verbenas, este sábado 23 encontrarála no pobo de Caseiro, no concello de Avión, amenizada pola orquestra Miramar, e domingo e lúns, en Anllo-San Amaro, ou en Amiudal-Avión.
E ata 3 películas para estes dias no Novocine de Leiro e cos seguintes títulos e horarios: "MINIONS" ás 15:00 horas, "Padre no hay máis que uno-3" ás 19:00 horas, e "ELVIS" ás 21:00 horas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/que-facer-esta-fin-de-semana-no-carballino-e-comarca-concerto-de-heredeiros-da-crus-moita
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/que-facer-esta-fin-de-semana-no-carballino-e-comarca-concerto-de-heredeiros-da-crus-moita
[3] whatsapp://send?text=Qué facer esta fin de semana no Carballiño e comarca : concerto de Heredeiros da Crus, moita música, festas gastronómicas, verbenas e cine http://copecarballino.es/novas/que-facer-esta-fin-de-semana-no-carballino-e-comarca-concerto-de-heredeiros-da-crus-moita
[4] http://www.copecarballino.es/print/60305