Desenrolado por coroa.es
A Garda Civil levou a cabo unha operación na xornada deste mércores dia 15 de setembro que saldouse coa detención de alomenos catro detidos, un veciño do Carballiño e outras tres persoas veciñas do concello de Pontevedra e no marco dun operativo contra a compra venda de imaxes de arte sacro de procedencia ilegal.
A operación está dirixida polo Xulgado nº 2 do Carballiño, ademáis da detención e posta a disposición xudicial destas catro persoas, a Garda Civil levou a cabo varios rexistros domiciliarios tanto no Carballiño como en Pontevedra.
De momneto, non trascenderon máis datos relativos a esta causa xudicial que foi declarada como secreta, aínda que podería estar relacionada coa vaga de roubos rexistrados meses atrás en varias igrexas dos concellos de Boborás, San Amaro, Maside e Punxín.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/garda-civil-deten-un-vecino-do-carballino-no-marco-dunha-operacion-dirixida-polo-xulgado-no-2
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/garda-civil-deten-un-vecino-do-carballino-no-marco-dunha-operacion-dirixida-polo-xulgado-no-2
[3] whatsapp://send?text=A Garda Civil detén a un veciño do Carballiño no marco dunha operación dirixida polo Xulgado nº 2 contra a compra venda de imaxes e tallas relixiosas. http://copecarballino.es/novas/garda-civil-deten-un-vecino-do-carballino-no-marco-dunha-operacion-dirixida-polo-xulgado-no-2
[4] http://www.copecarballino.es/print/60655