Desenrolado por coroa.es
A sorte acompañou desta vez ao Arenteiro no sorteo da fase nacional da Copa RFEF á que chega como campión galego, toda vez que xogará como local e a partido único a primeira ronda da fase nacional ante o campión cántabro, o Naval de Reinosa, será o mércores 28 de setembro en Espiñedo.
Ademáis, e por eso deciamos que a sorte acompañou ao Arenteiro neste sorteo, porque no caso de superar aos cántabros tamén xogaría en Espiñedo os octavos de final ante o vencedor da eliminatoria entre Bergantiños e Zamora CF. E no caso de que o Arenteiro volvese gañar ese partido, tamén xogaría cuartos de final e semifinais, que seguirán sendo a partido único, sempre como local no estadio de Espiñedo. Ademáis, no caso de ser semifinalista o Arenteiro clasificaríase para a primeira ronda da copa do rei, con premio gordo, xa que xogaría -tamén en Espiñedo- ante un equipo de primeira división.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-campion-de-cantabria-o-naval-de-reinosa-rival-do-arenteiro-na-fase-nacional-da-copa-rfef-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-campion-de-cantabria-o-naval-de-reinosa-rival-do-arenteiro-na-fase-nacional-da-copa-rfef-o
[3] whatsapp://send?text=O campión de Cantabria, o Naval de Reinosa, rival do Arenteiro na fase nacional da Copa RFEF, o 28 de setembro en Espiñedo. http://copecarballino.es/novas/o-campion-de-cantabria-o-naval-de-reinosa-rival-do-arenteiro-na-fase-nacional-da-copa-rfef-o
[4] http://www.copecarballino.es/print/60666