Desenrolado por coroa.es
Tras tres días de ponencias, debates, coloquios, proxeccións audiovisuais e visitas culturais, clausururábe na Adega Pazo Tizón de Moldes o XII Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que se caracterizou polo elevado interese e nivel das investigacións presentadas, a diversidade temática e, sobre todo, pola alta participación, cunha media de asistencia de cincuenta persoas, chegando nalgunha xornada ao global dun centenar de asistentes.
O profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago, o carballiñés David Chao Castro pronunciou a conferencia de clausura, na que puxo de manifesto a necesidade de preservar aqueles elementos de interese arquitectónico e paisaxístico máis emblemáticos da vila do Carballiño.
Ao termo da exposición, e coa presencia dos alcaldes do Carballiño e Maside, así como da alcaldesa de Boborás, realizouse un breve balance deste encontro bianual multidisciplinar, destacando as aportacións das conferencias e comunicacións ao coñecemento e divulgación do patrimonio cultural e medioambiental das terras do Carballiño e do Ribeiro, que se considera de alto valor, e que serán publicadas o próximo ano nunha edición dedicada a este congreso da revista Argentarium, que promove o Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xii-congreso-do-centro-de-estudos-chamoso-lamas-resalta-o-alto-valor-patrimonial-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xii-congreso-do-centro-de-estudos-chamoso-lamas-resalta-o-alto-valor-patrimonial-e
[3] whatsapp://send?text=O XII Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas resalta o alto valor patrimonial e medioambiental das comarcas do Carballiño e O Ribeiro http://copecarballino.es/novas/o-xii-congreso-do-centro-de-estudos-chamoso-lamas-resalta-o-alto-valor-patrimonial-e
[4] http://www.copecarballino.es/print/60883