Desenrolado por coroa.es
A empresa carballiñesa "Frigoríficos Arcos" e a súa marca de polbo cocido envasado ao baleiro "A Pulpeira" están presentes na SIAL 2022, a maior feira de alimentación do mundo, que estáse a celebrar na capital francesa. A empresa ubicada no parque empressarial do Carballiño forma parte do continxente galego que está presente en París no stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
SIAL constitúe o mercado global da industria da alimentación cunha oferta completa e representativa de todos os axentes do sector e de todos os alimentos e bebidas, procedentes do mundo enteiro, trátase da cita mundial máis importante do sector alimenticio, concentra en París a mellor oferta agroalimentaria.
A feira representa 19 sectores de produtos e recibe máis de 140.000 visitantes e 5.500 expositores, celébrase cada dous anos, unha mostra mundial agroalimentaria que presenta unha oferta exhaustiva e multisectorial no centro de exposicións Paris-Nord Villepinte.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pulpo-do-carballino-conquista-paris-en-sial-2022-maior-feira-de-alimentacion-do-mundo-coa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pulpo-do-carballino-conquista-paris-en-sial-2022-maior-feira-de-alimentacion-do-mundo-coa
[3] whatsapp://send?text=O pulpo do Carballiño conquista París en SIAL 2022, a maior feira de alimentación do mundo, coa participación de Frigoríficos Arcos e a súa marca
[4] http://www.copecarballino.es/print/60928