Desenrolado por coroa.es
Dende o sindicato da CIGA insisten en denunciar a que consideran é "política laboral de acoso e represión" no Asilo Residencia Irmáns Prieto Pereira. E mesmo apuntan a "un plan oculto para cambiar o modelo do Asilo, para pasar a ser un negocio máis de residencia da 3ª idade".
Dende a central sindical volven pedir a readmisión para as dúas traballadoras despedidas. Na manifestación tamén participaron o promotor da recentemente creada "Asociación para a Defensa do Asilo" Pachi Vázquez, o directivo desta mesma asociación Bernardo García ou o concelleiro de Espazo Común Adolfo Nogueira, entre outros.
Aproveitando hoxe a súa intervención en directo nesta emisora de radio, a este asunto referíuse o alcalde do Carballiño. No PODCAST de COPE O Carballiño deste mércores 16 de novembro podes escoitar as manifestacións tanto do Secretario Comarcal da CIGA, Anxo Pérez, como o alcalde Francisco Fumega.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/piden-readmision-das-duas-traballadoras-despedidas-no-asilo-escoita-no-podcast-de-cope-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/piden-readmision-das-duas-traballadoras-despedidas-no-asilo-escoita-no-podcast-de-cope-o
[3] whatsapp://send?text=Piden a readmisión das dúas traballadoras despedidas no Asilo. Escoita no Podcast de COPE O Carballiño as manifestacíóns do responsable da CIGA e do alcalde Fumega sobre esta polémica. http://copecarballino.es/novas/piden-readmision-das-duas-traballadoras-despedidas-no-asilo-escoita-no-podcast-de-cope-o
[4] http://www.copecarballino.es/print/61333