Desenrolado por coroa.es
O BNG denuncia que "un ano máis, no pleno deste luns, o PP impuxo os seus orzamentos oscurantistas, sen que o BNG puidera asistir á Comisión de Contas, nin participar na súa elaboración polo que votou en contra". Para o portavoz de Grupo municipal,
Manuel Pérez, “son uns orzamentos continuistas, á baixa, elaborados de costas á oposición e carentes dun proxecto dinamizador capaz de frear a liña decadente pola que transita o concello”. Segundo Pérez, os orzamentos aprobados “trasladan a débeda ascendente á futura corporación, non contemplan apenas inversións reais e unicamente se orientan a apuntalar a potente estrutura caciquil do concello, pensando nas próximas eleccións municipais”. Os orzamentos do Concello de San Cristovo de Cea contemplan 1.094.188 €, un 54% do total dos 2.036.000 €, para gastos de persoal, con case medio cento de traballadores o que supón un traballador municipal por cada 45 habitantes.
Para o Portavoz nacionalista, “tal aspecto podería resultar positivo se existise unha organización transparente, pensada para lograr maior eficiencia nos servizos e que puidera axudar a asentar poboación, pero non parece ser o caso”. Manuel Pérez denuncia que as contas recentemente aprobadas “contemplan de novo o salario dun alto cargo para un concelleiro do PP, máis dedicado ao control da información e a organizar festas que a realizar labores que poderían ser relevantes como a posta en funcionamento dun polígono industrial paralizado, con unha forte inversión xa realizada nel e que de momento ben pouco aporta”. O BNG critica tamén que a estas alturas do ano aínda non se realizaran as obras previstas para 2022, sen outra explicación máis alá de “agardar a que se acheguen as eleccións”.
Na mesma sesión, "a moción presentada polo BNG para que o Concello facilite a restauración dos múltiples muíños existentes nas ribeiras do Barbantiño, o Silvaboa ou outros regatos, moitos deles en estado ruinoso, pero que no seu momento foron industrias de importancia e seguen constituíndo un importante patrimonio histórico-etnolóxico, tamén foi rexeitada polo equipo de goberno do PP", reprochanlle dende o grupo nacionalista.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-portavoz-do-bng-en-cea-manuel-perez-critica-formas-do-alcalde-valladares-no-pleno-no-que-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-portavoz-do-bng-en-cea-manuel-perez-critica-formas-do-alcalde-valladares-no-pleno-no-que-o
[3] whatsapp://send?text=O portavoz do BNG en Cea, Manuel Pérez, critica
[4] http://www.copecarballino.es/print/61617