Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial acordou na última reunión do ano celebrada hoxe a concesión de subvencións no ámbito de cooperación local, concedendo 217.000 euros ao concello de Boborás para a construcción dunha piscina municipal, un proxecto que ten un orzamento total que ronda o medio millón de euros.
O concello de Punxín contará con preto de 30.000 euros para acondicionar a área termal do Bañiño. Outros dous concellos da comarca reciben axudas para sufragar gastos de organización de eventos festivos, en concreto, o concello de Cea 10.000 para a Festa do Pan, e o concello do Irixo 20.000 euros para a Festa Céltica celebrada o pasado mes de setembro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-recibe-217000-da-deputacion-para-construccion-dunha-piscina-e-punxin
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-recibe-217000-da-deputacion-para-construccion-dunha-piscina-e-punxin
[3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás recibe 217.000 da Deputación para a construcción dunha piscina, e Punxín 30.000 euros para a área termal do Bañiño. Tamén reciben axudas para eventos festivos O Irixo e Cea. http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-recibe-217000-da-deputacion-para-construccion-dunha-piscina-e-punxin
[4] http://www.copecarballino.es/print/61907