Desenrolado por coroa.es
A empresa Viaqua foi a adxudicaria desta actuación para resolver as deficiencias que presenta o colector de residuais da marxe esquerda do río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño, os traballos comezaron esta semana e teñen un prazo de execución dun mes, cun orzamento de 89.980 euros. O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga e o alcalde Francisco Fumega visitaban esta mañá as obras no paseo fluvial, nas inmediacións da ponte medieval de Veiga.
Ademáis, ambos mandatarios tamén se referiron a anunciada obra de reforma integral da rúa Ourense. O Presidente da Confederación Hidrográfica asegurou que xa está rematada a redacción do proxecto, que inclúe novas canalizacións de pluviais, abastecemento e saneamento, asi como construcción de beirarrúas, iluminación nova pavimentación, unhos traballos que teñen xa unha avaliación económica, que precisará unha inversión de 1,7 millóns de euros. Concello e Confederación asinarán pouco tempo -manifestou José Antonio Quiroga- o convenio de colaboración para facer realidade esta tan demanda obra por parte da veciñanza desta rúa Ourense.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-executa-reforma-do-colector-de-residuais-do-rio-arenteiro-e-anuncia
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-executa-reforma-do-colector-de-residuais-do-rio-arenteiro-e-anuncia
[3] whatsapp://send?text=A Confederación Hidrográfica executa a reforma do colector de residuais do río Arenteiro, e anuncia a obra de reforma de rúa Ourense, que terá un orzamento de 1,7 millóns de euros. http://copecarballino.es/novas/confederacion-hidrografica-executa-reforma-do-colector-de-residuais-do-rio-arenteiro-e-anuncia
[4] http://www.copecarballino.es/print/62077