Desenrolado por coroa.es
Lamentan os socialistas que "mentres os pobos do Irixo esmorecen coa falta de servizos básicos o alcalde do Irixo salte de festa en festa como o xogo da oca e cada día festexa porque lle toca".
Manifestan que "o alcalde do Irixo se especializase en festas e propaganda que nada aportan a calidade de vida da veciñanza e dos pobos do Irixo pero si gastos que poderían ser destinados a outras actuacións, sobre todo a cubrir a falla de servizos básicos nos pobos".
O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia ademáis "a falta de transparencia do goberno municipal non dando acceso os expedientes e as facturas do concello dende fai mais de 5 meses".
Mentres o alcalde anda de festa en festa nega o acceso para que os socialistas coñezan como se gastou ou despilfarrou o diñeiro público do concello.
O grupo socialista afirma que non ten acceso a os xustificantes efacturas da conta xeral do ano 2021. A Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, a Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022. Tampouco da “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, asi como da programación e concertos, actuacións e actividades verán 2022. Asemade, demandan información da contratación de persoal do concello e do obradoiro de emprego.
Finalmente, conclúen, que todo elo é "unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-municipal-socialista-de-o-irixo-lamenta-que-o-goberno-municipal-do-irixo-co-alcalde
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-municipal-socialista-de-o-irixo-lamenta-que-o-goberno-municipal-do-irixo-co-alcalde
[3] whatsapp://send?text=O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que
[4] http://www.copecarballino.es/print/62283