Desenrolado por coroa.es
O BNG trouxo ata O Carballiño á portavoz nacional Ana Pontón para presentar a Sofia García como candidata nacionalista á alcaldia do Carballiño para o 28-M, no transcurso dun acto que se desenvolveu no restaurante "Gazpara".
A candidata agradeceu a confianza outorgada pola súa formación política e a veciñanza do Carballiño nos últimos anos e manifestou presentarse a estas eleccións porque "O Carballiño precisa un tempo novo" porque "é o momento de construir un O Carballiño con máis futuro, con máis emrpego, máis igualdade e máis benestar, para vivir e traballar".
Ana Pontón dixo que "O Carballiño ten que deixar de mirar atrás, ten que deixar de lado fórmulas esgotadas" xa que considera que "O Carballiño retrocede en vez de avanzar" e por eso "O Carballiño merece unha alcaldesa como Sofía".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ana-ponton-en-apoio-de-sofia-garcia-como-candidata-alcaldia-o-carballino-ten-que-deixar-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ana-ponton-en-apoio-de-sofia-garcia-como-candidata-alcaldia-o-carballino-ten-que-deixar-de
[3] whatsapp://send?text=Ana Pontón en apoio de Sofía García como candidata á alcaldía
[4] http://www.copecarballino.es/print/62555