Desenrolado por coroa.es
Resulta descorazonador ver como todos os anos se repiten os mesmos cursos para desempregados. O de administrativo comercial na academia de turno. O de hostelería nunha cafetería ou restaurante. O de coidador de persoas maiores na mancomunidade. E como non o de socorrista de piscinas para Maside. Imos ter administrativos, auxiliares de xeriatría e camareiros para cen anos. E menos mal que o chamoso lamas saiu ao rescate este ano organizando un curso de fotovoltaica. Pero aínda así botanse en falta cursos doutro tipo de profesións para darlle unha volta a este pobo. Temos dúas empresas punteiras do sector de metal no parque empresarial e diso xa non organizan cursos dende fai moitos anos. Do sector da madeira igual. Hai cousas que non cambian nunca. Logo queixaranse de que a xente nova marche.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-os-cursillos-do-paro-na-comarca-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-os-cursillos-do-paro-na-comarca-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Sobre os cursillos do paro na comarca do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-os-cursillos-do-paro-na-comarca-do-carballino
[4] http://www.copecarballino.es/print/62559